Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6293

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (204/2012).

Nos autos de referencia ditouse a resolución que copiada literalmente di no seu encabezamento e decisión:

«Sentenza nº 355/2012.

Señores del tribunal.

Presidente:

Jaime Esain Manresa.

Maxistrados:

Francisco Javier Romero Costas.

Luis Carlos Rey Sanfix (suplente).

Na cidade de Pontevedra o dezaoito de setembro de dous mil doce.

Visto en grao de apelación ante a Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 952/2008, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, aos cales lles correspondeu a peza recurso de apelación-R (LACN) 204/2012, en que aparece como parte apelante, Ana Belén Acuña Alvariña, representado pola procuradora dos tribunais, Patricia Cabido Valladar, asistida pola letrada María Lariño Noia, e como parte apelada, Azzedine Bhaimat; Mapfre Familiar, representado polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, asistido polo letrado José Cuiñas Rodríguez; Consorcio de Compensación de Seguros, representado polo avogado do Estado, sendo maxistrado relator Jaime Esain Manresa.

(Seguen os antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido estimar o recurso de apelación interposto pola procuradora Patricia Cabido Valladar en nome e representación de Ana-Belén Acuña Alvariña, e revogar en parte a sentenza impugnada, ditada o 14 de marzo de 2011 polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, e estimar parcialmente a demanda, condenando conxunta e solidariamente aos demandados Azzedine Bhaimat e Consorcio de Compensación de Seguros a aboarlle á demandante Ana Belén Acuña Alvariña a suma de 5.344,65 euros, con aplicación de xuros moratorios do artigo 20 LCS, e absólvese á entidade aseguradora Mapfre, e sen facerse pronunciamento en costas de ambas as instancias.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que esta sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas optar por interpor o recurso extraordinario por infracción procesual ou o recurso de casación ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no prazo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme dispoñen os artigos 466 e seguintes e a disposición derradeira 16ª LAC/00.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Unha vez firme, expídase testemuño que será remitido cos autos orixinais ao xulgado de procedencia, para os efectos oportunos.

Notifíqueselles, así mesmo, esta resolución aos apelados rebeldes, segundo dispón o artigo 497 da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en forma ao apelado Azzedine Bhaimat, declarado en rebeldía procesual e do que se descoñece o seu actual paradoiro, estendo e asino o presente edicto.

Pontevedra, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial