Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6291

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1961/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1961/2010 MRA desta sección, seguido por instancia de Patricia Vilar Alonso contra Televisión de Galicia, S.A., Profeico Atlántico, S.L., Fogasa sobre outros dereitos, seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Televisión de Galicia, S.A. contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 1 de marzo de 2010 en autos nº 849/2008, que confirmamos.

Déase o destino legal aos depósitos efectuados pola demandada recorrente, á que condenamos a aboar os honorarios de letrado da demandante e impugnante da suplicación por importe de trescentos euros (300 euros).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Profeico Atlántico, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de localización, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de febrero de 2013

A secretaria xudicial