Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Luns, 4 de marzo de 2013 Páx. 6295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (922/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 922/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Hermida Seoane contra Galastur Lugo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Que estimando a demanda interposta por Antonio Hermida Seoane, contra a empresa Galastur Lugo, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 3 de setembro de 2012, e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 20.023,76 euros e, en caso de readmisión, a aboarlle ao traballador os salarios de tramitación en contía de 43,72 euros diarios, debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Notifíqueselles esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Galastur Lugo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 11 de febreiro de 2013

O secretario xudicial