Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (890/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 890/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Huerta Sánchez contra a empresa Fibex Hogar, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, trinta e un de xaneiro de dous mil trece.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 890/2010, seguidos por instancia de Susana Huerta Sánchez, que comparece asistida pola letrada Sra. Sanz Chas, contra a empresa Fibex Hogar, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Decido que, aceptando integramente a demanda formulada por Susana Huerta Sánchez, que comparece asistida pola letrada Sra. Sanz Chas, contra a empresa Fibex Hogar, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 2.936,53 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación a Fibex Hogar, S.L., expido esta sentenza para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

O secretario xudicial