Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (484/2009).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 484/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Luis Tubío Filgueira contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e Ral Técnica para Laboratorio, S.A., sobre seguridade social, ditouse o seguinte auto, cuxa parte dispositiva di literalmente:

Dispoño que non procede a aclaración de sentenza formulada polo demandante Ángel Luis Tubío Filgueira por exceder do ámbito da aclaración. Así mesmo, tampouco procede a aclaración de sentenza solicitada polo INSS e a TXSS.

Incorpórese orixinal deste auto ao mazo de sentenzas xunto coa sentenza orixinal, da que formará parte, deixando testemuño nas actuacións.

Notifíquese a presente resolución ás partes ás cales se fai saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por este auto acórdao, mándao e asínao Sonia Mª Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en forma legal a Ral Técnica para Laboratorio, S.A., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2012

O secretario xudicial