Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5799

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (123/2008).

Nos autos de referencia ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e decisión é o seguinte:

«Sentenza 116/2012.

Cambados, 21 de setembro de 2012.

María Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta deste Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 4 de Cambados viu os autos de xuízo ordinario 123/2008, sobre reclamación de cantidade por non pagamento de gastos comúns, xuros e custas nos que interviñeron, como demandante, a Comunidade de Propietarios da Illa da Toxa, representada polo procurador Sr. Martínez Melón e asistida polo letrado José Ramón Vázquez Cueto e, como demandados, Oiko Land, S.L., Eurolimpa Distribución, S.L. e Silvie Lerat, todos eles en situación procesual de rebeldía e procede ditar a seguinte:

Decisión:

Estimo a demanda da Comunidade de Propietarios da Illa da Toxa, entidade Urbanística Colaboradora para a conservación da Illa da Toxa e, en consecuencia, proceden os seguintes pronunciamentos:

1. Condeno a Okio Land, S.L., a satisfacer á Comunidade de Propietarios da Illa da Toxa, entidade Urbanística Colaboradora para a conservación da Illa da Toxa, a cantidade de 204,11 euros máis os xuros e custas que procedan.

2. Condeno a Eurolimpa Distribución, S.L. a satisfacer á Comunidade de Propietarios da Illa da Toxa, entidade Urbanística Colaboradora para a conservación da Illa da Toxa a cantidade de 1.497,63 euros máis os xuros e custas que procedan.

3. Condeno a Silvie Lerat a satisfacer á Comunidade de Propietarios da Illa da Toxa, entidade Urbanística Colaboradora para a conservación da Illa da Toxa, a cantidade de 76,3 euros, correspondendo 3 euros aos xuros moratorios e 73,35 euros ás custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que, contra ela, cabe recurso de apelación no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da súa notificación a resolver pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Líbrese testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino, deixando definitivamente xulgado na instancia, do que dou fe».

E, para que sirva de notificación a Okio Land, S.L., en situación de rebeldía procesual, expídese o presente edicto.

Cambados, 24 de setembro de 2012

O/a secretario/a