Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Mércores, 27 de febreiro de 2013 Páx. 5798

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra

EDICTO (306/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza: 28/2010.

Procedemento ordinario nº 306/2009.

En Pontevedra o vinte e tres de febreiro de dous mil dez.

María Ángeles González de los Santos, maxistrada xuíza de Primeira Instancia número 1 de Pontevedra e o seu partido, vistos os presentes autos de procedemento ordinario nº 306/2009, seguidos ante este xulgado por instancia de Verniprens, S.A., representada polo procurador Ángel Cid García e defendida polo letrado Juan Carlos Faus Bañuls, contra Materiales de Construcción y Servicios Hidra, S.L., en situación procesual de rebeldía, ditou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte:

Decido que debo estimar a demanda presentada polo procurador Ángel Cid García, en nome e representación de Verniprens, S.A., contra Materiales de Construcción y Servicios Hidra, S.L., en situación procesual de rebeldía e, en consecuencia, debo condenar a demandada a que pague á demandante a cantidade de 7.005,06 euros, co xuro do artigo 576 da LAC e con imposición da demandada das custas procesuais.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación, que se preparará por escrito ante este xulgado dentro do prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Materiales de Construcción y Servicios Hidra, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 7 de xuño de 2011

A secretaria xudicial