Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5715

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (540/2011).

Procedemento: procedemento ordinario 540/2011.

Sobre: reclamación de cantidade.

De: Adolfo Domínguez, S.A.

Procuradora: Isabel Páramo Fernández.

Avogado: Ignacio Marquina García.

Contra: Homes de Pontevedra, S.L., Armenio Martínez Lema.

Procurador: Jorge Ignacio Freire Rodríguez.

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente

Anuncio:

No presente procedemento ORD 540/2011, seguido por instancia de Adolfo Domínguez, S.A. fronte a Homes de Pontevedra, S.L., Armenio Martínez Lema, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Sentenza 2/2013.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2012.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 540/2011 por instancia de Adolfo Domínguez, S.A., representada pola procuradora Sra. Páramo Fernández e baixo a dirección legal do letrado Sr. Marquina García fronte a Homes de Pontevedra, S.L., en situación de rebeldía procesual, e Armenio Martínez Lema, representado polo procurador Sr. Freire Rodríguez e baixo a dirección legal do letrado Sr. Malvar Pintos, sobre reclamación de cantidade.

Decisión:

Que estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Páramo Fernández, en nome e representación de Adolfo Domínguez, S.A., contra Homes de Pontevedra, S.L. e Armenio Martínez Lema, e condeno a Homes de Pontevedra, S.L. e a Armenio Martínez Lema a pagarlle solidariamente a Adolfo Domínguez, S.A. a suma de 127.202,88 euros.

As custas procesuais impóñense a Homes de Pontevedra, S.L. e a Armenio Martínez Lema.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e prevénselles que contra esta poderá interporse recurso de apelación, que se deberá interpor antes este xulgado no prazo de vinte días.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado, deixando no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, a pronúncio, mando e asino.

E encontrándose o dito demandado, Homes de Pontevedra, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial