Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5713

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (759/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que nas actuacións de recurso de suplicación 759/2010 MRA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 538/2006 do Xulgado do Social número 2 de Lugo, promovidos por Herminio Fierro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferlosa, S.L., Asepeyo, mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, mutua de accidentes de traballo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente, con data do 6 de febreiro de 2013 se ditou a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a Sentenza do 20 de xaneiro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 538/2006 e 514/2006, revogamos en parte a sentenza contra a cal se recorreu e, con estimación en parte da demanda reitora, declaramos que a base reguladora da pensión de IPT recoñecida ao demandante ascende á suma de 2.440,11 euros, condenando os demandados a se ater a esta declaración e, a mutua Asepeyo codemandada ao aboamento da pensión de IPT recoñecida, na contía do 55 % da dita base reguladora.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán notificacións en estrados, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ferlosa, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial