Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5711

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5032/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5032/2012 MRA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 113/2011 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Recorrente: Consuelo Vilas Rodríguez.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Recorridos: Fogasa, Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María Carmen Hombre Porto, José Nieto Puente, Administración concursal Peletería Pepe Nieto, S.L. y Sres. Nieto Puente e Hombre Porto.

Avogado: Francisco Javier Iglesias Calvo.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5032/2012 desta sección, seguido por instancia de Consuelo Vilas Rodríguez contra Fogasa, Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., María Carmen Hombre Porto, José Nieto Puente, Administración concursal Peletería Pepe Nieto, S.L. e Sres. Nieto Puente e Hombre Porto, sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, estimando o recurso de suplicación interposto por Consuelo Vilas Rodríguez contra a sentenza do 28 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, en proceso promovido pola recorrente contra as empresas Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., José Nieto Puente e María del Carmen Hombre Porto, con revogación dela, debemos declarar e declaramos a competencia da orde xurisdicional social para coñecer da cuestión controvertida e, consecuentemente, a nulidade do actuado no proceso, a partir do momento en que se ditou a dita resolución, ao cal se retrotraen as actuacións. O xulgador de instancia, deberá con plena liberdade de criterio, ditar un novo pronunciamento sobre o fondo da cuestión presentada no litixio, aténdose, como premisa da resolución, á competencia declarada.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán notificacións en estrados, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Peletería Pepe Nieto, S.L. e María del Carmen Hombre Porto, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial