Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (904/2012).

Número de autos: despido objetivo individual 904/2012.

Demandante: Javier Huerga García.

Avogada: Sonia Rodríguez Moreiras.

Demandado: Xestión Gráfica A Picota, S.L.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado se segue o procedemento 904/2012 no cal se ditou Resolución de data 14 de decembro de 2012, dirixida a Xestión Gráfica A Picota, S.L. Contra ela poderase interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación, e faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Xestión Gráfica A Picota, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial