Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 888/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 888/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María José Candal Castro contra a empresa Penedamalladora, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Sentenza.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 888/2010, seguidos por instancia de María José Candal Castro, que comparece asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Penedamalladora, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, e versando a litis sobre reclamación de salarios.

Decido que, aceptando integramente a demanda formulada por María José Candal Castro, que comparece asistida polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra a empresa Penedamalladora, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 9.821,95 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza; pasados os cales, se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente establecida pola Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Penedamalladora, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 4 de febreiro de 2013

O secretario xudicial