Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5720

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (882/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fai saber que no procedemento ordinario 882/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Vázquez Sánchez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 882/2010, en que foi demandante Antonio Vázquez Sánchez, representado polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada a empresa Esabe Vigilancia, S.A., da mesma maneira citouse o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Antonio Vázquez Sánchez contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, condeno a esta última ao aboamento a Antonio Vázquez Sánchez da cantidade de 3.936 euros que lle debe.

Da mesma maneira, condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A., ao aboamento da multa de 600 euros pola súa incomparecencia inxustificada á conciliación previa ante o SMAC.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación á entidade Esabe Vigilancia, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial