Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1091/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1091/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paulo Fernando Almeida Pinto contra a empresa Vida Ascensores, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1091/2012, en que foi demandante Paulo Fernando Almeida Pinto, representado polo letrado Sr. López Pardo, e demandada a empresa Vida Ascensores, S.L. Da mesma maneira, foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Paulo Fernando Almeida Pinto contra a empresa Vida Ascensores, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión do traballador, nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 6.574,19 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 47,29 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Paulo Fernando Almeida Pinto da cantidade de 2.459,08 euros, en concepto de indemnización, e da cantidade de 1.229,23 euros en concepto de salarios debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Vida Ascensores, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial