Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Martes, 26 de febreiro de 2013 Páx. 5724

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1162/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamento en xeral 1162/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Sánchez Calvo contra a empresa Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

Sentenza.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1162/2012, sendo demandante Luis Sánchez Calvo, representado polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, e demandada a empresa Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. Sendo citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Luis Sánchez Calvo contra a empresa Proyectos Deportivos Noroeste, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión de Luis Sánchez Calvo nas mesmas condicións que rexían no momento de se producir o despedimento, co aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a desta sentenza, ascenden á cantidade de 15.279,76 euros, aos cales se lles deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 57,36 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Luis Sánchez Calvo da cantidade de 27.418,08 euros, en concepto de indemnización.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación a Proyectos Deportivos Noroeste, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial