Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5440

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (235/2010).

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Vistos por Ramón Méndez Tojo, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio de contencioso 235/2010, promovidos por instancia de José María García Abeledo, representado polo procurador Rafael Delgado Rodríguez e asistido polo letrado Felipe Romay Roldán, contra María del Rosario Rodríguez Fernández, citada por edictos, foi ditada en nome de S.M. o Rei a seguinte,

Resolución:

Admitindo integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Rafael Delgado Rodríguez, en nome e representación de José María García Abeledo, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio celebrado entre os cónxuxes María del Rosario Rodríguez Fernández e José María García Abeledo no día 19 de maio de 2000, sen facer especial pronunciamento canto ás custas e acordando a aprobación das seguintes medidas:

a) Atribúese o uso e desfrute da vivenda familiar ao demandante, ata a efectiva liquidación da sociedade de gananciais.

b) Declárase disolta a sociedade de gananciais subsistente.

c) Revóganse os consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes tiver outorgado a favor do outro cónxuxe, cesando así a posibilidade de vincular bens privativos do outro cónxuxe ao exercicio da potestade doméstica.

Todo isto sen facer expresa imposición das custas.

Unha vez firme esta resolución, envíese oficio ao encargado do Rexistro Civil, xuntando testemuño dela, co fin de que se proceda a anotar a súa parte dispositiva na correspondente inscrición de matrimonio e, pondo nas actuacións certificación desta, inclúase a presente resolución no libro de sentenzas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial. O recurso prepararase por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación, limitándose a citar a resolución apelada e a manifestar a súa vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Así o acorda, manda e asina.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada no día da súa data polo xuíz que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública, de cal eu, o secretario, dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María del Rosario Rodríguez Fernández, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 21 de xuño de 2011

O secretario