Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 704/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 704/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrés José Díaz Eber contra a empresa Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Andrés José Díaz Eber contra Symax Soluciones Tecnológicas, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Symax Soluciones Tecnológicas, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 973,67 € brutos por salarios devindicados en xaneiro de 2012 e compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación á empresa Symax Soluciones Tecnológicas, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial