Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5438

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3957/2010).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3957/2010.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 717/2009 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: María del Carmen Torres Pego.

Avogada: María Francisca Cores Torres.

Procurador: José Martín Guimaraens Martínez.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Domingo Vilas Martínez

Avogado: letrado Seguridade Social.

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3957/2010 desta sección, seguido por instancia de María del Carmen Torres Pego contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Domingo Vilas Martínez, sobre xubilación, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola Sra. letrada, en nome e representación da demandante María del Carmen Torres Pego, contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra do 11 de xuño de 2010, nos presentes autos 717/2009, seguidos por instancia do recorrente, sobre pensión vellez-SOVI, fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Domingo Vilas Martínez, e en consecuencia, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Domingo Vilas Martínez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de febreiro de 2013

O secretario xudicial