Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5436

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4008/2012-RF).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4008/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 190/2012 do Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: Fidel Ramos Pérez.

Avogado: Rubén Mouzo García.

Recorridos: Fogasa, Aislamientos Pemos, S.L.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 4008/2012-RF desta sala do social, seguido por instancia de Fidel Ramos Pérez contra a empresa Fogasa, Aislamientos Pemos, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que anulamos a sentenza ditada o 22 de maio de 2012 polo Xulgado do Social número 3 da Coruña en autos 190/2012, seguidos por instancia de Fidel Ramos Pérez contra a empresa Aislamientos Pemos, S.L. e declaramos a nulidade do actuado ata o acto do xuízo oral, que deberá ser celebrado de novo, con intervención do Fogasa, para que, posteriormente, o xuíz a quo con total liberdade de criterio e valorando os documentos de nova achega, en relación, de ser o caso, co resto de probas practicadas, dite nova resolución resolvendo a cuestión formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións nos estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Aislamientos Pemos, S.L. con último domicilio coñecido en r/ Campo de Aldea, Sumio, 6, Carral, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña o 23 de novembro de 2010.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial