Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5435

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2013 pola que se integra a María Araceli Herrero Figueroa, funcionaria do corpo de catedráticos de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na súa disposición adicional primeira, dispón o seguinte:

«...A partir da entrada en vigor desta lei, logo de solicitude dirixida ao reitor da universidade, os funcionarios e funcionarias doutores do corpo de catedráticos de escola universitaria poderán integrarse no corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen, mantendo todos os seus dereitos e computándose como data de ingreso no corpo de profesores titulares de universidade a que teñan no corpo de orixe. Os que non soliciten a devandita integración permanecerán na súa situación actual e conservarán a súa plena capacidade docente e investigadora…».

Unha vez solicitada pola profesora María Araceli Herrero Figueroa, con DNI 33793902W, funcionaria do corpo de catedráticos de escola universitaria, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confire a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade con efectos desde o 29 de setembro de 1995.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela