Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5398

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de febreiro de 2013 pola que se revoga a autorización para impartir determinadas titulacións universitarias oficiais de máster e se suprimen ensinanzas universitarias nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

No ámbito autonómico a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais están reguladas na Lei 11/1989, do 20 de xullo, de ordenación do Sistema universitario de Galicia, no Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e na Orde do 20 de marzo de 2012 pola que se desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

No artigo 12 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da Comunidade Autónoma, farase por orde da consellería competente en materia de universidades. Previamente terá que ser sometido a informe do Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 5. j) da Lei 2/2003, do 22 de maio, do Consello Galego de Universidades.

O artigo 17 do Decreto 222/2011 recolle que o departamento competente en materia de universidades poderá acordar a supresión das ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial, quer por propia iniciativa, co acordo do Consello de Goberno da universidade, quer por iniciativa da universidade, mediante proposta do Consello de Goberno, en ambos os casos con informe previo favorable do Consello Social. En todo caso, as universidades deberán garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os ditos estudos.

Pola súa banda, o artigo 18 do citado Decreto 222/2011 recolle que se con posterioridade á autorización de implantación do ensino oficial se apreciase que a universidade incumpre os requisitos e compromisos adquiridos ao solicitar a súa autorización, o departamento competente en materia de universidades requirirá a universidade afectada para que no prazo dun mes proceda á regularización da situación. Transcorrido o citado prazo sen que a universidade efectúe tal regularización, logo de audiencia desta e informe do Consello Galego de Universidades, procederase a acordar a revogación da autorización mediante orde do departamento competente en materia de universidades. A non impartición da titulación máis alá de dous cursos académicos consecutivos levará consigo o inicio do procedemento de revogación.

A Secretaría Xeral de Universidades solicitou ás universidades do Sistema universitario de Galicia a conformidade de revogación da autorización para a súa impartición dos máster universitarios afectados. As universidades manifestan a súa conformidade coa revogación de determinados títulos e solicitan a supresión naqueles que foron aprobados polo Consello de Goberno e recibiron informe favorable do Consello Social das súas universidades. En todos eles comprometéronse a adoptar as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos do estudantado que se encontre cursando os ditos estudos.

Todas estas titulacións obxecto de revogación e de supresión, obtiveron o informe favorable do Consello Galego de Universidades nas sesións plenarias do 1 de outubro de 2012 e 25 de xaneiro de 2013, respectivamente e o preceptivo informe da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

A supresión dunha ensinanza determinará a revogación da autorización da súa implantación.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Revogar a autorización á Universidade da Coruña para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

– Máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario coa USC e UVIGO), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4310388.

– Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario coa USC), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4311776.

– Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario coa USC e UVIGO), autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (Diario Oficial de Galicia do 17 de novembro), código RUCT 4311778.

Artigo 2

Revogar a autorización á Universidade de Santiago de Compostela para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

– Máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario coa UDC e UVIGO), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4310388.

– Máster universitario en Edición (interuniversitario coa UVIGO), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4311047.

– Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías da Información (interuniversitario coa UDC), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4311776.

– Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario coa UDC e UVIGO), autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (Diario Oficial de Galicia do 17 de novembro), código RUCT 4311778.

– Máster universitario en Renovación Urbana e Rehabilitación, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 23 de setembro), código RUCT 4311921.

Artigo 3

Revogar a autorización á Universidade de Vigo para impartir as ensinanzas universitarias oficiais de:

– Máster universitario en Dirección e Planificación do Turismo (interuniversitario coa USC e UDC), autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4310388.

– Máster universitario en Edición (interuniversitario coa USC), autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4311047.

– Máster universitario en Lingüística Galega (interuniversitario coa UDC e USC), autorizado polo Decreto 187/2010, do 11 de novembro (Diario Oficial de Galicia do 17 de novembro), código RUCT 4311778.

Artigo 4

Suprimir na Universidade da Coruña as ensinanzas universitarias oficiais de:

– Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía Ambiental, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro), código RUCT 4311059 e o máster universitario en Química Ambiental e Fundamental, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4311080, substituídos polo máster universitario en Ciencias, Tecnoloxía e Xestión Ambiental cuxa implantación foi autorizada pola Orde do 8 de novembro de 2012 (Diario Oficial de Galicia do 19 de novembro).

– Máster universitario en Enxeñaría de Sistemas Informáticos, código RUCT 4310003, e o máster universitario en Computación, código RUCT 4311078, autorizados polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), substituídos polo máster universitario en Enxeñaría Informática cuxa implantación foi autorizada pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro).

– Máster universitario en Enxeñaría da Auga, autorizado polo Decreto 51/2006, do 23 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4311074, substituído polo máster universitario en Enxeñaría da Auga (interuniversitario) cuxa implantación foi autorizada pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro).

– Máster universitario en Intervención Logopédica na Infancia e na Adolescencia, autorizado polo Decreto 13/2007, do 1 de febreiro (Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro), código RUCT 4310006, substituído polo máster universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías (interuniversitario) cuxa implantación foi autorizada pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro).

Artigo 5

Suprimir na Universidade de Vigo as ensinanzas universitarias oficiais de:

– Máster universitario en Aplicacións de Procesado de Sinal en Comunicacións, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4310381.

– Máster universitario en Consultoría de Software Libre, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), código RUCT 4310383.

– Máster universitario en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 23 de setembro), código RUCT 4310603.

– Máster universitario en Economía, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4310604.

– Máster universitario en Economía, Avaliación e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4310389.

– Máster universitario en Enxeñaría da Soldadura, autorizado polo Decreto 53/2008, do 13 de marzo (Diario Oficial de Galicia do 28 marzo), código RUCT 4310394.

– Máster universitario en Integración Económica Rexional e Políticas Comunitarias, autorizado polo Decreto 150/2010, do 16 de setembro (Diario Oficial de Galicia do 23 de setembro), código RUCT 4312205.

– Máster universitario en Investigación en Comunicación, autorizado polo Decreto 434/2009, do 3 de decembro (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), código RUCT 4311040.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria