Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Luns, 25 de febreiro de 2013 Páx. 5403

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 21 xaneiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 31 de xaneiro), pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011-2012, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Por proposta do xurado de selección, poderanse designar os especialistas necesarios para que o asesoren na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2013

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

M. Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Formación Profesional.

Marina Armada Vigo, xefa do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Xosé Romarís Lens, xefe do Servizo de Ordenación e Formación Profesional.

Elisa Isabel Amoedo Barciela, inspectora de Educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de Educación.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Secretaria: Guadalupe Martínez Rivas, funcionaria da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, que actuará con voz e sen voto.