Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5142

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (706/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 706/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Ramos Iglesias contra a empresa Juan Carlos García Arias (Cervecería Templarios) sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Patricia Ramos Iglesias, contra Juan Carlos García Arias e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que a demandante foi obxecto o 22 de maio de 2012, e condeno a Juan Carlos García Arias á inmediata readmisión da traballadora con aboamento, se é o caso, dos salarios deixados de percibir, descontándose as cantidades percibidas durante a suspensión do contrato por incapacidade temporal e prestación de maternidade, que cesaron o 6 de setembro de 2012, que se cuantificarán a razón de 43,13 euros/día.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Juan Carlos García Arias (Cervecería Templarios), expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial