Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (213/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 213/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Fernández Águila contra a empresa Farvi Chantada, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decrétase o embargo do seguinte vehículo propiedade do executado, Farvi Chantada S.L., que a seguir se describe:

Matrícula: 7394FKY.

Marca: Renault.

Modelo: Megane.

Número de bastidor/número de chasis, se é o caso: VF1BMSE0637213099.

Noméase depositaria do devandito vehículo a empresa executada, que queda obrigada a conservalo baixo apercibimento de incorrer en responsabilidade penal se incumprir as súas obrigas, sen prexuízo de proceder á precintaxe deste.

Advírtese á destinataria, Farvi Chantada, S.L., en ignorado paradoiro, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 30 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial