Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5140

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5107/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5107/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 620/2008, do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, promovidos por Eva López Fontenla contra Clece, S.A. e outros, sobre outros dereitos laborais, ditouse a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto polas demandadas María José Fernández Viñas e Carmen Díaz Pérez, así como como o formulado pola empresa Clece, S.A., debemos revogar e revogamos a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra. En consecuencia, sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, desestimamos a demanda interposta pola referida demandante, absolvendo na instancia as demandadas recorrentes e as tamén demandadas Raquel Martínez Martínez e o comité de empresa de Clece, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facendolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte comité de empresa de Clece, S.A. de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a comité de empresa de Clece, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Loureiro Crespo 2, Hospital Provincial de Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial