Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5138

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5373/2009).

Secretaría: María Socorro Bazarra Varela.

Cédula de notificación.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 5373/2009-CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 568/2008, do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, promovidos por Alfonso Vidal Freire contra Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre accidente, con data do 24 de outubro de 2012, ditouse a resolución, coa seguinte parte dispositiva:

Estimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do INSS e da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra do 26 de xuño de 2009, en proceso sobre incapacidade permanente, promovido por Alfonso Vidal Freire contra os recorrentes, TXSS, Mutua Asepeyo, Glass Galicia, S.L. e Tractogal, S.L. e, revogando a sentenza de instancia, debemos desestimar a demanda reitora e absolver a parte demandada dos pedimentos contidos nela.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte Tractogal, S.L. de que, no sucesivo, se lles efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Tractogal, S.L., con último domicilio coñecido na recta da Goulla, 9, Meis (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial