Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5136

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3373/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3373/2010 desta Sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a empresa Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución, que ten a parte dispositiva que segue:

«Resolvemos que, con desestimación do recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, confirmamos a sentenza que con data do 28 de abril de 2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, por instancia da Mutua Gallega e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Aparejadores, Instalaciones, Cálculos y Estructuras, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Caracas, 8 de Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial