Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5134

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2065/2010).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2065/2010 a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 253/2009, do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, promovidos por Ernesto Romero Vázquez contra Habilitación Naval Ferrol, S.A. (HANAFESA), Juan Fernández Vizoso, S.A., Gabadi, S.L., Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación interposto polo demandante Ernesto Romero Vázquez e desestimamos o da codemandada Navantia contra a sentenza ditada o 22 de decembro de 2009 polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos número 253/2009 sobre indemnización de danos e perdas, seguidos por instancia daquel contra Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., Gabadi, S.L., Juan Fernández Vizoso, S.A. e Habilitación Naval de Ferrol, S.A. e, con revogación da dita resolución, acollemos en parte a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, condenamos solidariamente os demandados Izar Construcciones Navales, S.A., Navantia, S.A., Juan Fernández Vizoso, S.A. e Habilitación Naval de Ferrol, S.A. a que indemnicen o traballador coa suma de vinte e cinco mil seiscentos corenta e un euros con trinta céntimos de euro (25.641,30 €), desestimando o resto da demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Habilitación Naval Ferrol, S.A. (HANAFESA) e Juan Fernández Vizoso, S.A., con último domicilio coñecido en Ferrol (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial