Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5132

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2585/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2585/2009 CRS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 855/2008, do Xulgado do Social número 3 de Vigo, promovidos por Manuel Moreira Pérez contra Panxón, S.A., Instituto Social da Mariña, Pesquera Santa Cruz, S.A., Santodomingo e Hijos, S.L., sobre xubilación, ditouse a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Moreira Pereira contra a sentenza do 25 de novembro de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos autos 855/2008, seguidos por instancia do demandante contra as demandadas sobre seguridade social, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte Pesquera Santa Cruz, S.A., con último domicilio coñecido na rúa Colón, 24, 2º B, de Vigo, que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Pesquera Santa Cruz, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de novembro de 2012

A secretaria xudicial