Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Xoves, 21 de febreiro de 2013 Páx. 5130

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes, pola quenda de promoción interna, á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir quince prazas da categoría profesional técnico especialista en informática, especialidade administración de sistemas, grupo III, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 31 de xullo de 2012 (DOG do 14 de agosto e BOE do 3 de setembro), convocáronse probas selectivas para cubrir 15 prazas da categoría profesional de técnico especialista en informática, especialidade administración de sistemas, grupo III, oito pola quenda de promoción interna e sete pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 17 de outubro de 2012 (DOG do 2 de novembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

resolvo:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 19 de abril de 2013, ás 11.00 horas, na aula 10 da Facultade de Dereito, campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal, nos locais onde se realizou o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web: http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición mediante resolución reitoral, na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela