Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4895

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5259/2012 RF).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5259/2012-RF desta sección, seguido por instancia de Enrique Martínez González contra o Instituto Español de Oceanografía; Fogasa; Eulen, S.A.; Elecnor, S.A.; People Trabajo Temporal ETT, S.A. (agora Sesa Star España ETT, S.A.); Clece, S.A.; Aceuve Mantenimiento, S.L.; Limber Multiservicios, S.L.; Gallega de Electricidad Vigo, S.L.; Tecco Celtic, S.L.L.; ministerio fiscal; ACS, Actividades Construcción y Servicios, S.A.; Gines Navarro Construcciones, S.A., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolvemos desestimando o recurso de suplicación articulado polo Instituto Español de Oceanografía contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, de data 8.6.2012, en autos nº 171/12, sobre despedimento instados por Enrique Martínez González, confirmamos a resolución de instancia e impoñemos á entidade demandada o aboamento das custas do recurso que incluirán os honorarios do letrado do demandante en contía de 300 euros. Debe darse aos depósitos e consignacións, se houber, o destino legal correspondente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e, de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, no sucesivo, se efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Gines Navarro Construcciones, S.A. con último domicilio coñecido na rúa do Loureiro, s/n, 15173 Ribeira (A Coruña) coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial