Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4897

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (615/2011).

José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, por medio do presente edicto,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 615/2011 seguido por instancia de José Antonio González Camafreita fronte a María del Carmen Rojo Pombo ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso 615/2011.

Xulgado de Primeira Instancia número 6.

Santiago de Compostela.

Sentenza n° 18/2013.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013.

Vistos por min Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de divorcio nº 615/2011 promovido pola procuradora Sra. Fernández Rial en nome e representación de José Antonio González Camafeita asistido da letrada Sra. Rocamonde Álvarez fronte a María del Carmen Rojo Pombo maior de idade citado en autos declarada en rebeldía procesual con intervención do Ministerio Fiscal en representación do fillo menor de idade habido no matrimonio.

I. Antecedentes de feito.

Primeiro. O 12.3.2011 a procuradora Sra. Fernández Rial en nome e representación de José Antonio González Camafeita, asistido da letrada Sra. Rocamonde Álvarez, fronte a María del Carmen Rojo Pombo, maior de idade citado en autos con intervención do Ministerio Fiscal en representación do fillo menor de idade habido no matrimonio, presentou demanda de divorcio na cal se instaba o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 30.9.1995 en Ames, inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 26, folio 124, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. CC, transcorridos máis de tres meses de matrimonio instando as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

1º Atribución ao demandante da garda e custodia sobre o fillo común sendo a patria potestade de exercicio e titularidade compartida por ambos os dous proxenitores.

2º Recoñecemento á parte demandada dun réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio da 1ª metade dos períodos vacacionais en anos pares e a 2ª metade en anos impares.

3º Atribución ao demandante e ao fillo común do uso do domicilio que foi conxugal sito no lugar de Pousada Ames así como do enxoval doméstico no inmoble existente.

4º Establecemento a cargo da demandada en favor do fillo común dunha pensión de alimentos de 350 €/mes que se aboará na conta bancaria que designe o demandante nos 5 primeiros días de cada mes con actualización anual con data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación no ano precedente do IPC.

Na vista ademais instou o aboamento por metade dos gastos extraordinarios do fillo común.

Segundo. Admitida a demanda e emprazada a parte demandada non compareceu nin deduciu contestación á demanda.

O 20.11.2012 foi declarada a rebeldía procesual da parte demandada.

Sinalado xuízo para o día de hoxe, nel a parte demandante e a representante do Ministerio Fiscal instaron con aplicación do artigo 770.3º da Lei de axuizamento civil e de acordo coa proba documental que consta nos autos derivada da consulta da O.A.P. exercicio fiscal e 2011 a adopción das medidas definitivas instadas na demanda, e efectuouse na vista o interrogatorio da parte demandante.

Terceiro. Na substanciación do presente proceso observáronse as prescricións legais vixentes, mesmo o prazo para ditar sentenza.

II. Fundamentos de dereito.

Primeiro. A procuradora Sra. Fernández Rial en nome e representación de José Antonio González Camafeita, asistido da letrada Sra. Rocamonde Álvarez, fronte a María del Carmen Rojo Pombo, maior de idade citada en autos con intervención do Ministerio Fiscal en representación do fillo menor de idade habido no matrimonio presentou demanda de divorcio na cal se instaba o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes o día 30.9.1995 en Ames inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 26, folio 124, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. CC., transcorridos máis de tres meses de matrimonio, instando as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

1º Atribución ao demandante da garda e custodia sobre o fillo común sendo a patria potestade de exercicio e titularidade compartida por ambos os dous proxenitores.

2º Recoñecemento á parte demandada dun réxime de estadías e comunicación do proxenitor non custodio da 1a metade dos períodos vacacionais en anos pares e a 2a metade en anos impares.

3º Atribución ao demandante e ao fillo común do uso do domicilio que foi conxugal sito no lugar de Pousada Ames así como do enxoval doméstico no inmoble existente.

4º Establecemento a cargo da demandada en favor do fillo común dunha pensión de alimentos de 350 €/mes que se aboará na conta bancaria que designe o demandante nos 5 primeiros días de cada mes con actualización anual con data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación no ano precedente do IPC.

Na vista ademais instou o aboamento por metade dos gastos extraordinarios do fillo común.

A incomparecencia da parte demandada a xuízo deberá determinar a estimación presuntiva da conformidade desta coa situación socioeconómica e patrimonial atribuída a ela na demanda, ex artigo 770.3º da Lei de axuizamento civil, situación ademais corroborada pola proba documental acordada de oficio por este xulgador, é dicir a consulta da base de datos da AEAT e da TXSS en relación cos ingresos e bens de ambas as dúas partes, datos pola súa vez complementados pola proba documental unida aos autos que atinxe á parte demandante.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 86 do Código civil, tras a súa reforma pola Lei 15/2005 «Decretarase xudicialmente o divorcio, calquera que sexa a forma de realización do matrimonio, por petición dun só dos cónxuxes, de ambos ou dun co consentimento do outro, cando concorran os requisitos e circunstancias exixidos no artigo 81.», e este precepto actualmente establece «Decretarase xudicialmente a separación, calquera que sexa a forma de realización do matrimonio: 1º A petición de ambos os dous cónxuxes ou dun co consentimento do outro, unha vez transcorridos tres meses desde a realización do matrimonio. A demanda irá acompañada dunha proposta de convenio regulador redactada conforme o artigo 90 deste código. 2º A petición dun só dos cónxuxes, unha vez transcorridos tres meses desde a realización do matrimonio. Non será preciso o transcurso deste prazo para a interposición da demanda cando se acredite a existencia dun risco para a vida, a integridade física, a liberdade, a integridade moral ou liberdade e indemnidade sexual do cónxuxe demandante ou dos fillos de ambos ou de calquera dos membros do matrimonio. A demanda irá acompañada de proposta fundada das medidas que deban regular os efectos derivados da separación».

A parte demandante insta a declaración de disolución do vínculo conxugal con base nunha mesma causa a prevista no artigo 86 do Código civil, en relación co artigo 81 do Código civil, quedando constatado de forma suficiente o cesamento da «afecttio maritalis» das partes así como a ininterrompida ruptura da convivencia conxugal, cesamento e ruptura que pola súa vez deben erixirse en motivo necesario e suficiente da declaración xudicial da disolución do matrimonio dos litigantes por divorcio ao abeiro da circunstancia prevista no referido artigo 86.II do Código civil, sen que sexa preciso entrar nas concretas circunstancias e eventuais culpabilidades incidentes en tal crise conxugal, todo o cal é conforme co actual sistema, instaurado pola LO 15/2005, de carácter non causalista nin culpabilista, senón baseado na busca dun remedio ou solución xurídica ás situacións de crise dun matrimonio.

Por todo o cal compete a este xulgador acceder á solicitude articulada na demanda e declarar e decretar a disolución do matrimonio de ambos por divorcio.

Non tendo sido practicada máis proba que a documental antes enunciada e o interrogatorio de parte demandante xa ponderados e sendo de aplicación a previsión do artigo 770.3º da Lei de axuizamento civil procede estimar a petición deducida pola demandante.

Terceiro. A declaración xudicial de divorcio produce a disolución da sociedade de gananciais, conforme o disposto nos artigos 95.I e 1435.III do Código civil.

Cuarto. Dada a especial natureza deste tipo procesual, non procede efectuar un especial pronunciamento en materia de custas procesuais.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Fernández Rial en nome e representación de José Antonio González Camafeita, asistido da letrada Sra. Rocamonde Álvarez, fronte a María del Carmen Rojo Pombo maior de idade citado nos autos declarada en rebeldía procesual con intervención do Ministerio Fiscal en representación do fillo menor de idade habido no matrimonio, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 30.9.1995 en Ames inscrito no Rexistro Civil desta cidade no tomo 26, folio 124, sección 2ª, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1. CC, acordando as seguintes medidas accesorias a ese pronunciamento:

1º Atribución ao demandante da garda e custodia sobre o fillo común sendo a patria potestade de exercicio e titularidade compartida por ambos os proxenitores.

2º Recoñecemento á parte demandada dun réxime de estadías e comunicación do proxenitor no custodio da 1a metade dos períodos vacacionais en anos pares e a 2a metade en anos impares.

3º Atribución ao demandante e ao fillo común do uso do domicilio que foi conxugal, sito no lugar de Pousada Ames, así como do enxoval doméstico no inmoble existente.

4º Establecemento a cargo da demandada en favor do fillo común dunha pensión de alimentos de 350 €/mes que se aboará na conta bancaria que designe o demandante nos 5 primeiros días de cada mes con actualización anual con data 1 de xaneiro de cada ano conforme a variación no ano precedente do IPC.

5º Cada proxenitor deberá aboar o 50 % dos gastos extraordinario do dito fillo menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios entre outros os derivados da atención do dito fillo menor de idade en sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a elas, o custo de actividades extraescolares ou calquera outro similar non ponderados xa ao fixar a pensión de alimentos, incluída a matrícula, se é o caso, e nun futuro en universidades privadas etc. e, por fin, calquera de análoga natureza aos antes descritos sempre que non fosen expresamente previstos ao fixar de maneira previa a contía da pensión de alimentos.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios dilucidarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, máis os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de maneira inmediata.

Ademais, a falta de oposición expresa á comunicación de calquera outro gasto extraordinario nun prazo de dez días por calquera medio fidedigno (sms, correo electrónico, fax etc.) equivalerá ao seu consentimento tácito e eximirá a parte que efectuou tales gastos do incidente previo do artigo 776.4º da Lei de axuizamento civil.

Unha vez que sexa firme a presente resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 ss e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignar o depósito de 50 € previsto na disposición adicional 15a da LOPX.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial».

E encontrándose a dita demandada, María del Carmen Rojo Pombo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial