Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Mércores, 20 de febreiro de 2013 Páx. 4892

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de febreiro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Orde do 20 de decembro de 2012 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2013), e de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destinos, nos postos de traballo que se indican, ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo. O cesamento no destino actual das persoas que obtiveron as prazas producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión nas prazas adxudicadas será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente as persoas funcionarias presten servizo, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro. A xefatura do centro en que causen baixa as persoas funcionarias, así como a daquel en que obteñan praza, realizarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome: Mª Carina Fernández Faya.

NRP ou DNI: 7636337068 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: CU.C99.40.101.15770.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Rosa Mª Díaz Naya.

NRP ou DNI: 3280018813 A206L.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: CU.C99.40.101.32001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Julio Rodríguez González.

NRP ou DNI: 3490717857 A206M.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de museo.

Código do posto: CU.C99.40.201.32001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Pablo Sánchez Ferro.

NRP ou DNI: 0253668802 A206K.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de arquivo.

Código do posto: CU.C99.40.301.32001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Ourense.

Localidade: Ourense.

Apelidos e nome: Pilar Fernández Ruíz.

NRP ou DNI: 5030771202 A206P.

Subgrupo: A2.

Corpo ou escala: facultativo grao medio da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de biblioteca.

Código do posto: CU.C99.40.101.36001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Apelidos e nome: Carmen Corgo Solleiro.

NRP ou DNI: 3555225768 A206K.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: director/a de arquivo.

Código do posto: CU.C99.40.301.32001.001.

Nivel: 26.

Centro directivo: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.