Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4505

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (222/2012).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

Sentenza 96/2012.

Xuízo verbal nº 222/2012.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: José María Liñares López.

Avogado: Sr. González Vinagre.

Procurador: Sr. Regueiro Muñoz.

Demandada: Carina Santos Varela (en rebeldía).

Obxecto: desafiuzamento por precario.

En Santiago de Compostela o 20 de setembro de 2012.

Ditame.

Estimo integramente a demanda interposta por José María Liñares López contra Carina Santos Varela e, en consecuencia, declaro a situación de precario da demandada na posesión que ten da vivenda propiedade do demandante sita na Travesía da Moa, nº 3, 1º D, no Milladoiro, Ames; condeno a parte demandada a estar e pasar pola devandita declaración, e a que deixe libre e expedita a vivenda indicada a disposición do demandante, absténdose a partir deste momento de realizar calquera acto material ou xurídico que implique o seu uso e desfrute, con apercibimento de lanzamento de non o facer voluntariamente. Todo iso con imposición expresa das custas percibidas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que deberá presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal da entidade bancaria Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial. O depósito da expresada suma deberá acreditarse ao interpoñer o recurso, a cuxo escrito se achegará copia do xustificante ou da orde de ingreso, sen cuxo requisito non será admitido a trámite. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Carina Santos Varela, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2012

O/a secretario/a xudicial