Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4507

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (163/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 163/2011, por instancia de Bruno Suárez Rodríguez contra a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 22 de xaneiro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Bruno Suárez Rodríguez contra a entidade Red de Servicios e Implantaciones, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de tres mil setenta e tres euros con cincuenta e catro céntimos (3.073,54 euros). Os conceptos salariais xerarán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Red de Servicios e Implantaciones, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial
Rubricado