Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4508

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (804/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 804/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Maques García contra a empresa Transportes Josmaral, S.L.U. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Luis Maques García contra a entidade Transportes Josmaral, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data do 8 de xuño de 2012, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Transportes Josmaral, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.610,81 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e a presente resolución, cuantificados a razón de 46,02 euros diarios, e polo tanto 10.584,44 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LPL. Ambos os ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario, empresa Transportes Josmaral, S.L.U., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial