Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (39/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 39/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bestilleiro Souto contra a empresa Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L. e a Comunidade Hereditaria de Andrés Romero Meijide, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo aceptar e acepto integramente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Manuel Bestilleiro Souto contra a empresa Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que lle aboe ao demandante a suma de 8.004,77 €, que se incrementará co 10 % por xuros moratorios aplicables aos conceptos salariais. Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderá anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación á Comunidade Hereditaria da empresa Carpintería y Construcción Técnica Coruñesa, S.L., expido e asino este edicto».

A Coruña, 28 de xaneiro de 2012

A secretaria xudicial