Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4511

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (999/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 999/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Moreira Suárez contra a empresa Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que estimando a demanda formulada por Fernando Moreira Suárez fronte á entidade Grupo Construnor Estructuras, S.L. e Constructor Estructuras, S.L., que non comparecen malia a constar citadas en legal forma, debo condenar e condeno as demandadas a que aboen á demandante a cantidade de 1.967,71 euros, e o 10 % de xuro por mora, da dita cantidade responderán solidariamente ambas as demandadas.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá de ser anunciado, por escrito ou comparecencia, no termo de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación da sentenza, e con expresa advertencia de que de ser recorrentes as demandadas, deberán exhibir ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado na conta de recurso deste xulgado do social a cantidade de cento cincuenta euros e vinte e cinco céntimos (150,25 euros) preceptivas para recorrer, requisitos sen os cales non se terá por anunciado o dito recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial