Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (189/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 189/2012 de Andrea Mariana López Lamas contra a empresa Grialibros, S.L., Aula Noroeste S.L., Abraxas Aula 25, S.L., Comercial Ara, S.A., Salvora Areito, S.A., Grace Antonia Nouel Brache sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Andrea Mariana López Lamas e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 26 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla do empresario, a extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 17.040,62 euros.

Esta opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario opte, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que sexa o sentido da opción, condeno así mesmo as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan a demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (26 de xaneiro de 2012) ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario diario de 42,63 €, que na data da presente sentenza ascende a 8.398,83 euros.

Condeno a Fogasa e a administración concursal de Grialibros, S.L. a se ateren á presente resolución.

Desestimo a demanda fronte a Abraxas Aula 25, S.L.

Considérase que a parte demandante desistiu da acción exercida contra Comercial Ara, S.A., Salvora Areito, S.A.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación logo da consignación en depósito da cantidade de 300 euros e, no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E para que sirva de notificación en legal forma da sentenza á demandada Abraxas Aula 25, S.L. por encontrarse en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial