Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4027/2013, interposto polo Concello das Neves.

A Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza un oficio para os efectos de remisión do expediente administrativo no procedemento ordinario 4027/2013, interposto polo Concello das Neves contra o Decreto 219/2012, do 31 de outubro, polo que se resolve o expediente de deslindamento entre os termos municipais dos concellos de Arbo, As Neves e A Cañiza (DOG nº 220, do 19 de novembro).

En consecuencia, esta secretaría xeral técnica acordou, nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza