Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e A Estrada, e duns bens mobles.

Ás 11.30 horas do día 8 de marzo de 2013 celebrarase no salón de actos do Edificio Administrativo de Pontevedra situado na rúa Fernández Ladreda, nº 43, perante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes bens da Comunidade Autónoma de Galicia, dos que foi acordado o seu alleamento polas ordes da Consellería de Facenda do 22 de maio, do 25 de xuño, do 20 de novembro e do 28 de decembro de 2012.

1. Casa situada na praza do Teucro, nº 18, esquina rúa Real da cidade de Pontevedra, composta de semisoto, baixo e un piso duns 496 m2 segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro, e 276 m2 de superficie construída segundo rexistro, que linda: fronte, praza do Teucro; dereita, herdeiros de Jaime Facorro Gantad; esquerda, rúa Real; fondo, predio da familia Magdalena García. Referencia catastral 9280503NG2998S0001GL.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra nº 1 como predio nº 3.753, tomo 306, libro 98 e folio 120.

Cargas: sobre o baixo do inmoble existe un contrato de arrendamento asinado o día 18 de xuño de 2004, elevado a escritura pública o día 8 de novembro de 2004 e modificado o día 29 de marzo de 2005, cuxo prazo de duración rematará o día 18 de xuño de 2016.

Tipo de licitación primeira poxa: 850.350,41 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 722.797,85 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 595.245,29 euros.

2. Predio urbano. Local na planta baixa do edificio Palmeras situado no paseo de Cervantes, nº 4, de Pontevedra, destinado a usos comerciais e con fachada ao paseo de Cervantes, de 221,51 m2 de superficie construída con soportais anexos de 44,85 m2, que ten o seu acceso polos mencionados soportais situados ao oeste, polos denominados Xardíns de Vicenti. Linda: fronte ou oeste, Xardíns de Vicenti; dereita entrando ou sur, avenida Raíña Victoria; esquerda ou norte, portal de acceso ás oficinas e local nº 3; fondo ou leste, local nº 3.

Cota de participación: 5,23 por cento.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra como predio nº 77.595, no tomo 1.912, libro 1.061, folio 35, primeira inscrición. Referencia catastral: 9176301NG2997N0030SF.

Tipo de licitación primeira poxa: 123.632,87 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 105.087,94 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 86.543,01 euros.

3. Predio urbano. Local na planta baixa ás rúas Cervantes e Pastor Díaz, destinado a usos comerciais do edificio Palmeras, en Pontevedra, con fachada paseo de Cervantes, de 86,40 m2 de superficie construída, con soportais anexos de 39,95 m2, que ten o seu acceso polos mencionados soportais situados ao oeste, polos denominados Xardíns de Vicenti. Linda: fronte ou oeste, Xardíns de Vicenti; dereita entrando ou sur, portal de acceso a oficinas; esquerda ou norte, rúa Pastor Díaz; fondo ou leste, portal de acceso a vivendas e elementos comúns.

Cota de participación: 2,04 por cento.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Pontevedra como predio nº  77.596, no tomo 1.912, libro 1.061, folio 37, primeira inscrición. Referencia catastral: 9176301NG2997N0031DG.

Tipo de licitación primeira poxa: 50.783,34 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 43.165,84 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 35.548,34 euros.

4. Local na entreplanta do edificio sinalado co nº 28 da avenida Doutor Tourón, concello de Vilagarcía de Arousa, cunha superficie útil de 121,21 m2, que segundo o rexistro da propiedade linda: dereita, Dalmira Penide Davila; esquerda, predio nº 16.301, descanso, caixa da escaleira e patio de luces; fronte, avenida Doutor Tourón e caixa da escaleira; e fondo, Irlanda Penide Dávila, descanso e caixa de escaleira. Referencia catastral: 9257810NH1195N0005BL. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa como predio nº 11.041, libro 298 e folio 105.

Tipo de licitación primeira poxa: 94.219,62 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 80.086,68 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 65.953,73 euros.

5. Soar denominado Campo da Marea, labradío sequeiro, situado no termo municipal da Estrada, cunha superficie aproximada de 163 m2, que linda: norte, en liña de dezaseis metros con corenta centímetros, máis terreo do mesmo vendedor; sur, en liña de dezaseis metros vinte centímetros, rúa en proxecto de sete metros de longo; leste, en liña de dez metros, rúa en proxecto de sete metros de longo; oeste, tamén en liña de dez metros, rúa en proxecto de once metros de longo. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada como predio nº 30.675, tomo 608, libro 493 e folio 197. Referencia catastral: 1263908NH4216S0001OE.

Tipo de licitación primeira poxa: 69.678 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 59.226,30 euros.

Ttipo de licitación terceira poxa: 48.774,60 euros.

6. Mesa de madeira tallada de 182×98×77 centímetros.

Mesa de madeira tallada e torneada de 162×100×80 centímetros.

Mesa de madeira tallada de 248×124×83 centímetros.

Cadeira de madeira e coiro de 109×57,50 centímetros (catro unidades).

Armario de madeira e vidro de 180×175×40 centímetros.

Máquina de escribir Olivetti Línea 98 e máquina calculadora.

Mesa de reunións de madeira de 455×132×80 centímetros.

Estantaría de madeira de 80×242×25 centímetros (tres unidades).

Tipo de licitación primeira poxa: 4.085 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 3.472,25 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 2.859,50 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación dos bens perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta dos adxudicatarios os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen o presente alleamento están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es).

Para poder visitar os inmobles situados en Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e os mobles, deberase concertar cita previa. Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda