Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do expediente 11-016, devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ao alegante Carlos Covelo Solla, na súa calidade de presidente da asociación de veciños San Bernardo de Cedeira, co último domicilio coñecido na Estrada do Cruceiro, 88, Cedeira, 36818 Redondela, a resolución do expediente 11-016 da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cuxa parte dispositiva di:

RESOLVO:

Conceder á Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual Special Olympics Galicia, con CIF G-15771777, autorización da Comunidade Autónoma para usos e actividades construtivas en solo rústico, co obxecto de construír unha edificación destinada a centro de dotación para deporte e lecer de persoas con discapacidade intelectual, e o acondicionamento dos espazos exteriores para o acceso, aparcadoiro e desenvolvemento das actividades deportivas e de lecer, no lugar de Coto do Coello-Cedeira, do concello de Redondela (Pontevedra), na parcela coa referencia catastral 36045A041011960000WU, segundo os termos do anteproxecto redactado polo arquitecto Rodrigo Portanet Fontana, de decembro de 2010, e a memoria modificada do 11.6.2012, coas seguintes condicións:

1. De conformidade co disposto no artigo 42.1.e) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante LOUG), farase constar no Rexistro da propiedade a vinculación da total superficie real do predio á construción e uso autorizados, expresando a indivisibilidade e as seguintes limitacións ao uso e edificabilidade:

– Uso autorizado para a construción: dotacional.

– Superficie de cesión da parcela: 5.300 m2.

– Superficie construída total: 1.569,70 m2.

– Altura: 7 m.

2. As características tipolóxicas, estéticas e construtivas e os materiais, cores e acabamentos das edificacións serán acordes coa paisaxe rural e coas construcións tradicionais da contorna.

3. Esta autorización queda sometida á condición suspensiva, no que atinxe ao inicio das obras e implantación do uso, ata que se xustifique o cumprimento das obrigas establecidas no artigo 42.1.a) e e) da LOUG. Para estes efectos será suficiente que o solicitante achegue ante o concello:

– O xustificante da prestación das garantías que o concello exixa, en particular, a prestación do aval a favor de este en garantía do exacto cumprimento dos compromisos asumidos.

– A certificación expedida polo Rexistro da Propiedade da vinculación da total superficie real do predio á construción e usos autorizados, expresando a indivisibilidade e as limitacións concretas ao uso e edificabilidade impostas por esta autorización (artigo 42.1.e) da LOUG, en relación co disposto nos artigos 51.4 e 53.3 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo).

4. A presente autorización outórgase sen prexuízo das licenzas e demais autorizacións exixidas por outras disposicións.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación (artigos 48, 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

E para que conste e sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2013

Mª Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo