Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4503

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5266/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5266/2012-GA.

Xulgado de orixe/autos: demanda 421/2012. Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: José Carlos Martínez Barreiro.

Avogado/a:

Procurador/a:

Graduado social: Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Recorridos: Fogasa, Granitos Rosa Porriño, S.A., Hormigones Vigo, S.A., Grupo JCA Hormigones, S.A., Hormigones Avia, S.L., Hormigones Condado Miño, S.L., Hormigones Peregrino, S.L., Gravas e Áridos do Louro, S.L., Travelling Stone, S.L., Admón. Concursal Hormigones Vigo (Carlos A. Rodríguez Alba).

Avogado: Lino Romero Alonso.

Procurador/a:

Graduado/a social:

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5266/2012 desta sección, seguido por instancia de José Carlos Martínez Barreiro contra a empresa Granitos Rosa Porriño, S.A., Hormigones Vigo, S.A., Grupo JCA Hormigones, S.A., Hormigones Avia, S.L., Hormigones Condado Miño, S.L., Hormigones Peregrino, S.L., Gravas e Áridos do Louro, S.L., Travelling Stone, S.L., Administración concursal Hormigones Vigo (Carlos A. Rodríguez Alba) e Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por José Carlos Martínez Barreiro contra a sentenza do 11 de xullo de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en xuízo seguido por instancia do demandante contra Granitos Rosa Porriño, S.A., Hormigones Peregrino, S.L., Hormigones Condado Miño, S.L., Hormigones Vigo, S.A., Administración concursal Hormigones Vigo (Carlos A. Rodríguez Alba), Hormigones Avia, S.L., Travelling Stone, S.L., Gravas e Áridos do Louro, S.L., Grupo JCA Hormigones, S.A. e o Fogasa, a sala confírmaa integramente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto «Recurso», seguida do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Granitos Rosa Porriño, S.A., Hormigones Peregrino, S.L., Hormigones Condado Miño, S.L., e Hormigones Avia, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexa auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial