Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4501

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5225/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 5225/2012.

Xulgado de orixen/autos: demanda 639/2011. Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: José Ángel Carrero Verde.

Avogado: José Carlos Bouza Fernández.

Recurridos: Fogasa, Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Fernando Luis Vaamonde Romero, Administración concursal de Transportes Visantoña, S.A., Transportes Visantoña, S.A.

Avogado/a: Isabel Segura Núñez, Carolina Fernández García, Christian Díaz Delgado.

Procurador: Juan Lage Fernandez-Cervera.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5225/2012 desta sección, seguido por instancia de José Ángel Carrero Verde contra o Fogasa, Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Distribuciones Vaamonde, S.L., Comercializadora Lucense de Transportes, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Llanera Logística, S.L.U., Fernando Luis Vaamonde Romero, Administración concursal de Transportes Visantoña, S.A., Transportes Visantoña, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de José Ángel Carrero Verde, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital, con data do 2 de xaneiro de 2012, nestes autos sobre despedimento, seguidos por instancia do traballador recorrente contra as empresas demandadas Transportes Visantoña, S.A., Logesta Noroeste, S.A., Llanera Logística, S.L., Distribuciones Vaamonde, S.L., Depósito Fiscal y Logística, S.L., Logesta Noroeste, S.A., Comercializadora de Mercancías y Transportes Asociados, S.L. (Comertrans), Comercializadora Lucense de Transportes, S.L. (Colute), e contra a Administración concursal de Transportes Visantoña, S.A. e Fernando Luis Vaamonde Romero, así como fronte ao Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Depósito Fiscal y Logística, S.L., con último domicilio coñecido en Bergondo, A Coruña, coa advertencia de que seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial