Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Venres, 15 de febreiro de 2013 Páx. 4499

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5232/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 5232/2012 desta Sección, seguido por instancia de Manuel Allegue Piñeiro contra a empresa Bravío Gest I, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por Manuel Allegue Piñeiro e desestimamos o da demandada Galp Energía España, S.A.U. contra a sentenza ditada o 9 de xullo de 2012 polo Xulgado do Social número 3 da Coruña en autos 200/2012, sobre despedimento, seguidos entre o demandante con Galp Energía España, S.A. e Bravío Gest I, S.L. e, con revogación parcial desa resolución, acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, condenamos a demandada Galp Energía España, S.A.U. a que, calquera que sexa a súa opción (indemnización ou readmisión) lle aboe ao demandante os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da resolución de instancia, a razón de 41,33 euros diarios, ou ata que atope outro emprego, se tal colocación fose anterior á dita sentenza.

En canto a depósito, aseguramento e custas, obsérvese o razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Bravío Gest, S.L., con último domicilio coñecido en Pontedeume, A Coruña, coa advertencia de que seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial