Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3913

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (631/2012).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, mediante este edicto, anuncio:

No procedemento de xuízo verbal civil 631/2012, seguido por instancia do Banco Popular Español, S.A. fronte a Arriengal19, S.L., ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 159/2012.

Pontevedra, 21 de decembro de 2012

Vistos por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, estes autos nº 631/2012 sobre xuízo verbal, seguidos ante este xulgado por instancia do Banco Popular Español, S.A., representado polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuan e asistido polo letrado Sr. Suris Regueiro, fronte á entidade mercantil Arriengal19, S.L., declarada en rebeldía procesual, no exercicio de acción de entrega do ben obxecto de contrato de arrendamento financeiro inmobiliario, declárase,

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido que, aceptando a demanda formulada polo procurador dos tribunais Sr. Sanjuán Fernández, en representación da entidade financeira Banco Popular Español, S.A., fronte á entidade mercantil Arriengal19, S.L., declarada en rebeldía procesual, e na súa virtude, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento financeiro do 25 de outubro de 2006 do inmoble a que se refire o feito primeiro da demanda, e condeno a entidade demandada a deixalo libre e á disposición da demandante, con apercibimento de proceder ao seu lanzamento, en caso de non o verificar de forma voluntaria conforme o previsto no artigo 447.1 da LAC, e todo iso con imposición das custas deste procedemento á demandada.

Esta resolución non produce efectos de cousa xulgada, de conformidade co disposto no artigo 447.2 da LEC.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso de apelación, de conformidade co disposto no artigo 441.4 da LAC.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo e asínoo».

Estando a dita demandada, Arriengal19, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 26 de decembro de 2012

A secretaria xudicial