Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3915

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (297/2011).

Ángel Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido a instancia de Susana Hermidas Muñiz fronte a Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e fallo son do teor literal seguinte:

Sentencia nº 8/2013.

Vigo, 27 de decembro de 2012.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario que co número 297/2011 se seguen por instancia de Susana Hermida Muñiz, que actúa no seu propio nome e no da sociedade de gananciais que forma co seu marido Óscar Mugüerza García, representada pola procuradora María del Pilar Sánchez Romero, e dirixida pola letrada Josefa González Arca, contra Iniciativas Empresariais Galegas, S.A., declarada en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha pretensión de resolución contractual.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda formulada por Susana Hermida Muñiz, a cal actúa en beneficio da sociedade de gananciais que forma co seu marido Óscar Mugüereza García, contra de Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:

1º Declaro resolto o contrato de compravenda relativo á adquisición dunha vivenda en construción na promoción Mirador de Cubeliños, rúa 1, Coveliño, 22, Santa Uxía de Ribeira, A Coruña, subscrito inicialmente entre Iniciativas Empresariais Galegas, S.A., como vendedora, e Finvestcom Europa, S.L., como mercadora, o cal foi validamente cedido por esta última, co consentimento da demandada, a prol da demandante e do seu marido, por medio de escritura pública autorizada polo notario de Ourense, Fernando Martínez Gil-Fluxá o 3 de agosto de 2010, nº 1596 do protocolo.

2º Condeno a entidade demandada a aboar aos demandantes a cantidade de 43.150 euros, en concepto de devolución de cantidades aboadas e indemnización polos danos e perdas causados. Esta cantidade que reportará una indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, incrementado en dous puntos, contados desde a data da presente sentencia.

3º Condeno a Iniciativas Empresariais Galegas, S.A. a aboar as custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino.

E atopándose o devandito demandado, Iniciativas Empresariais Galegas, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 8 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial