Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3917

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación do Decreto dos autos 1092/2010.

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1092/2010 por instancia de Manuel Muñiz Pereira contra a Asociación de Voluntarios AVAN, Concello de Arteixo, a empresa Autos Rico, S.L. e o Ministerio Fiscal sobre despedimento, nos cales recaeu o Decreto do 26 de novembro de 2012 que copiado nos particulares necesarios di así:

Decreto.

Secretaria xudicial: Encarnación Mercedes Tubío Lariño.

A Coruña, 26 de novembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. Que nos presentes autos se ditou sentenza o 6 de xullo de 2012 e, notificada esta ás partes o 19.7.2012, o letrado da parte demandante presentou escrito exercendo a opción de readmisión obrigatoria no Concello de Arteixo.

Por dilixencia de ordenación do 20.7.2012 admitiuse a opción efectuada e a reincorporación no seu posto de traballo nun prazo non inferior aos 3 días. Contra esta dilixencia interpuxo en tempo e forma recurso de reposición a representación do Concello de Arteixo, de acordo coas alegacións que se poden ver no seu escrito. A este recurso déuselle o trámite legal.

Fundamentos de dereito.

Único. Que no día de hoxe non se interpuxo ningún recurso contra a sentenza do 6.7.2012, polo que é firme, e en canto á alegación de que para que o Concello poida incorporar o traballador debe xerar unha nova praza que non existía na súa RPT de condutor, a execución de acordo co preceptuado no artigo 241 da LRXS levarase a cabo nos propios termos do título executivo, e tendo transcorrido máis de catro meses desde a data da sentenza, procede desestimar o recurso de reposición interposto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Non procede a reposición da dilixencia de ordenación do 6.7.2012, a cal se mantén en todos os seus termos.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación ante a secretaria xudicial que dita esta resolución con expresión da infracción que a xuízo do recorrente a contén.

A secretaria xudicial

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á Asociación de Voluntarios AVAN expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial