Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (636/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 636/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nuria Pérez Romero, Margarita Iglesias Pais, Raquel Regueira Docampo e Isabel Bourio Seijas contra a empresa Katedra Profesional, S.L. sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Raquel Regueira Docampo, Margarita Iglesias Pais, Nuria Pérez Romero e Isabel Bourio Seijas, contra a entidade Katedra Profesional, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Katedra Profesional, S.L., a que aboe ás demandantes as cantidades que se explicitarán, incrementadas co xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais:

• A Nuria Pérez Romero, a cantidade de 4.968,88 euros líquidos, polas pagas extraordinarias de xullo e decembro de 2011 e 2012, así como a nómina de decembro de 2012.

• A Margarita Iglesias Pais, a cantidade de 4.043,94 euros líquidos, polas pagas extraordinarias de xullo e decembro de 2011 e 2012, así como a nómina de decembro de 2012.

• A Raquel Regueira Docampo, a cantidade de 5.968,48 euros líquidos, polas pagas extraordinarias de xullo e decembro de 2011 e 2012, así como as nóminas de outubro a decembro de 2012.

• A Isabel Bourio Seijas, a cantidade de 4.706,42 euros líquidos, polas pagas extraordinarias de xullo e decembro de 2011 e 2012, así como a nómina de novembro e decembro de 2012.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á Empresa Katedra Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial