Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (764/2011 aclaración).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 764/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Montes Pérez contra Lofi, C.B., Josefa Castro García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Parte dispositiva.

Procede aclarar a sentenza do 28.12.2012 no sentido de incluír no ditame a condena en custas á demandada Lofi, C.B. e á comuneira Josefa Castro García.

Notifíquese ás partes este auto, facéndolles saber que contra el non cabe recurso ningún, salvo o que se interpoña contra a resolución principal.

E para que sirva de notificación en forma a Lofi, C.B. e á súa comuneira Josefa Castro García, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 18 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial